martes, 26 de novembro de 2013

Curso: A Explotación Multifuncional do Monte (UIMP - IEM) 2013

Aula de Cultura Ponte de Rosas, curso Explotación Multifuncional do Monte (UIMP-IEM)



Durante os días 3, 4 e 5 do mes de outubro de 2013 desenvolveuse o Curso “A explotación multifuncional do monte. Contribución ao desenvolvemento rural", organizado polo Instituto deEstudos Miñoranos (IEM) en conxunto coa Universidad Internacional MenéndezPelayo (UIMP).

Dado o impacto do mesmo na comunidade preocupada polo futuro dos montes do país -con máis de cincuenta participantes- e o interese amosado polo público en xeral nesta materia, queda este Blog - diario a fin de facer accesibles as conferencias tanto como reforzo para os alumnos así como ferramenta de divulgación xeral.

Para acceder a cada conferencia bastará con dar un clic sobre o título da mesma no programa do curso situado á dereita.